O colapso da Galiza industrial
(Texto adaptado da versión preliminar da Guía para o descenso enerxético.)
As dependencias do modelo de sociedade actual con respecto ao petróleo son as que condicionan os previsibles efectos que imos padecer en Galiza, como no resto do mundo industrializado, a consecuencia do devalar da súa dispoñibilidade. Aínda que as incertezas sobre as repostas de moitos protagonistas que afectan a dinámica social non nos permiten falar dun único escenario posible, moitos dos efectos que indicamos a continuación acabarán por darse nun prazo máis ou menos prolongado, mentres que outros, aínda sendo altamente previsibles, poderían ofrecer certas variantes en función de ditas respostas:
- Fin do crecemento económico.
- Simplificación acelerada das sociedades.
- Colapso do sistema financeiro baseado na creación de diñeiro vía crédito: ao non haber crecemento non hai con que pagar os xuros.
- Colapso progresivo dos mercados e do sistema económico mundial.
- Reinstauración do control gobernamental sobre determinados campos.
- Racionamento enerxético e de produtos. Se cadra, renacionalización de sectores estratéxicos.
- Fin da mundialización neoliberal polo encarecemento do transporte e o fallo nas cadeas de subministro mundiais. Relocalización da actividade económica.
- Desabastecemento de combustible, de alimentos e de todo tipo de produtos de consumo.
- Abandono parcial das cidades e retorno masivo e probablemente desordenado ao campo.
- Colapso do sistema sanitario.
- Recuperación de prácticas preindustriais en moitos terreos sociais e económicos.
- Crise cultural e de valores. Readaptación custosa en termos psicosociais.
- Conflitos políticos e sociais, tanto dentro de cada país como a nivel internacional. Loita polos derradeiros recursos.
- Posible colapso total dalgúns países, e probables secesións de moitos territorios.
[…] que a Guía para o descenso enerxético é importante por múltiples motivos, entre eles, a urxencia de acometer o cambio radical necesario na estrutura económica, en particular na galega. Ademais, a guía pretende dar resposta a moitos interrogantes que se formulan persoas e colectivos […]
[…] importante levado a cabo pola nosa asociación ata o momento co obxectivo de preparar o país para unha mudanza sen precedentes na historia, «unha situación inédita a nivel mundial», en palabras de Doldán. Na entrevista tamén apunta […]
[…] un novo adianto do texto da Guía para o descenso enerxético. Anteriormente tiñamos publicado outro fragmento do libro que presentaba algunhas das consecuencias que para Galiza e as sociedades industrializadas vai ter […]
[…] súa fin e con ela un modo de vida, un sistema socioeconómico e todo un modelo de civilización: o industrial-capitalista. O noso país, como todos, xógase a supervivencia nesta transición civilizatoria: a alternativa […]