Presentamos a Guía para o descenso enerxético

On 14/09/2013 by Véspera de Nada

Detalle da capa da Guía
Os alicerces enerxéticos da civilización industrial están a se esborrallar irreversiblemente. En poucas décadas o actual modo de vida das sociedades capitalistas-consumistas deixará de ser viable, e con el moito do que hoxe damos por descontado, incluíndo o aparato de soporte estatal. Diante disto a sociedade ten dúas opcións: ou deixarse guiar polo mito suicida do crecemento perpetuo nun imposible intento de continuar co actual sistema, ou tomar o futuro das súas mans e comezar a construír, desde baixo, unha nova sociedade máis modesta, máis local e máis comunitaria.

Detalle da capa da Guía para o descenso enerxéticoAínda que os gobernos estean fallando criminalmente no seu deber de preparar de maneira anticipada as poboacións fronte á escaseza inminente debida ao devalar da enerxía fósil, hai moitos aspectos das nosas vidas nos que nós mesmas/os podemos actuar desde xa para preparar as nosas familias, as nosas comunidades, as nosas pequenas empresas e gobernos locais.

Esta Guía presenta unha explicación das transformacións sociais que xa están en marcha e que van supoñer a fin da Era da Abundancia e do Crecemento, ao tempo que ofrece un amplo conxunto de recomendacións acerca do que podemos ir mudando cada galega e cada galego nos terreos da nosa economía, do consumo enerxético, do transporte, da alimentación, da saúde, da vivenda e da educación para non só sobrevivirmos ao Peak Oil senón para construírmos unha Galiza que teña un futuro mellor despois do petróleo.

e a Guía só será posible se ti a apoias!

Índice provisional da Guía

  1. Limiar
    1. Presentación
    2. Para que serve este libro?
    3. O impacto psicolóxico e social
  2. A que nos enfrontamos?
    1. Que é o Teito do petróleo?
    2. Unha civilización que deixa de ser viable
    3. Cales son/serán as súas consecuencias?
    4. Como será o futuro sen petróleo?
    5. Pero cando será?
    6. Beneficios da necesaria transformación
    7. Desmontando algúns mitos sobre a enerxía e o progreso
  3. Que facer? Medidas persoais e familiares
    1. Transporte
    2. Alimentación
    3. Hábitat e consumo enerxético doméstico
    4. Saúde
    5. Educación e formación
    6. Economía
    7. Relacións sociais
    8. Mudanzas interiores
  4. Que facer? Medidas para PEMEs
    1. Negocios sen futuro
    2. Avaliar a vulnerabilidade da empresa
    3. O Teito do petróleo como oportunidade empresarial
  5. Que facer? Medidas para administracións locais
    1. Economía
    2. Urbanismo e vivenda
    3. Transporte
    4. Fiscalidade
    5. Difusión, concienciación cidadá e outras
  6. Unha referencia inspiradora: Cuba
  7. Algúns datos sobre o uso do petróleo nas sociedades industrializadas
  8. Ónde ampliar información
    1. Organizacións e colectivos
    2. Bibliografía
    3. Outros recursos útiles en Internet
  9. Glosario
  10. Agradecementos

4 Responses to “Presentamos a Guía para o descenso enerxético”

  • Boas,
    fixen unha aportación de 9€ a través de verkami para a guía. Hai uns días recibín un mail no que me dicía a plataforma que non me deixaba facer o pagamento. No meu banco non me dan respostas sobre porque pasa isto.

    Quería saber se vos podo facer un ingreso nun nº de conta xa que non sei como arranxalo.

    Un saúdo

    • Si, non te preocupes. Ás veces pasan esas cousas coa tecnoloxía e cos sistemas bancarios-financeiros (se cadra cada día ha pasar máis frecuentemente).

      Xa che escribimos co número de conta onde podes ingresar os 9 euros. Non esquezas indicar no concepto “Guía” e facelo co mesmo nome que nos digas por email, para podermos casar os datos.

      Grazas!

Trackbacks & Pings

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.