Descubre o vídeo de presentación da «Guía para o descenso enerxético»

On 15/09/2013 by Véspera de Nada

O seguinte vídeo servirá como soporte de presentación á campaña de financiamento que permitirá ver a luz á nosa Guía para o descenso enerxético. Foi realizado por XCNLodeiro a partir dun guión seu e da Asociación Véspera de Nada, que foi ilustrado pola artista galega Antía Barba Mariño. O vídeo tenta transmitir o contexto no que nace este libro, como unha obra que tenta espertar á poboación galega e axudala no tránsito preciso a un novo tipo de sociedade despois do colapso da civilización actual baseada nun petróleo que entrou no seu descenso terminal.

A campaña de financiamento para facer posible esta publicación comeza o día 17/09/2013 ás 22:00 h.

[ACTUALIZACIÓN 23/09/2013] O vídeo agora tamén está na plataforma Vimeo.

2 Responses to “Descubre o vídeo de presentación da «Guía para o descenso enerxético»”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *