Unha nova entrevista en RadioFusión para difundir o problema do Teito do petróleo e a nosa Guía

On 19/09/2013 by Véspera de Nada

Grazas aos responsables do programa Arredor de nós en Radio Fusión que nos fixeron esta mañá unha entrevista para dar a coñecer a campaña de crowdfunding, o proxecto da Guía e lembrar aos seus oíntes (os das radios locais de Galiza) como nos vai afectar a todos o Peak Oil. Lembramos que hai agora un ano tamén entrevistaran ao noso presidente, Xoán Doldán, ao respecto deste problema. Agora agradecemos a axuda para dar a coñecer por toda Galiza o proxecto que temos en marcha para comezar a preparar a sociedade galega diante das consecuencias do devalar da civilización industrial.

Convidámosvos a escoitardes a entrevista de hoxe con Manuel Casal e a de hai un ano con Xoán Doldán.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *