Antía Barba, ilustradora da Guía, 1º premio Novos Valores
A autora das preciosas imaxes que ilustrarán a Guía para o descenso enerxético vén de ser premiada pola Deputación de Pontevedra co 1º premio Novos Valores. Queremos darlle os nosos parabéns a Antía e congratularnos de tela connosco na equipa que está a realizar este libro. As súas imaxes reflexan a mudanza da Galiza industrializada cara unha nova Galiza chea de cor, moito máis rural e cun ritmo en equilibrio coa natureza. Podedes desfrutar a súa arte neste web e tamén no vídeo de presentación do proxecto:
Lembra que a campaña de financiamento para facer posible esta publicación aínda precisa a túa axuda!
[…] puidemos ampliar a tiraxe e facela de maior calidade: 316 páxinas (24 delas a cor coas magníficas ilustracións de Antía Barba Mariño a toda páxina) en papel reciclado con cuberta tamén a base de papel […]