Os membros de Véspera de Nada falan da Galiza pospetróleo (I)

On 25/09/2013 by Véspera de Nada

Hoxe comezamos a emitir unha serie de vídeos que están sendo realizados por Tingalaranga para Véspera de Nada e onde algúns dos membros da nosa asociación falan sobre a «Guía para o descenso enerxético», cómo pensan que será Galiza despois do petróleo e qué están a facer nas súas vidas para prepararse.

O primeiro vídeo é unha entrevista con Manuel Casal Lodeiro, Casdeiro, secretario de Véspera de Nada e a persoa que está a coordenar a elaboración da Guía. Agardamos que vos resulten interesantes e útiles para compartirdes coas persoas que poidan estar interesadas no proxecto da Guía.

O martes 24 ás 22:00 h fixemos exactamente unha semana de campaña, e xa levamos recadado máis de 1.700 euros (>40%) dos 4.250 que precisamos para editar o libro. Grazas a todos os que estades a dar unha resposta tan boa á nosa iniciativa!

O vídeo en Youtube

Tamén en Vimeo

Como será a Galiza pospetróleo? (1) (Entrevista acerca da Guía para o descenso enerxético) from Véspera de Nada on Vimeo.

3 Responses to “Os membros de Véspera de Nada falan da Galiza pospetróleo (I)”

  • Boa tarde!:

    Moi ben Manuel!

    Soamente co millo, as rodas, a cadeira e todos eses trebellos reutilzábeis o teu redor lembrásme a algunhas das paisáxes urbanas dunha ciudad coma Hamburgo, onde cada vez, máis e máis, ves como a xente troca, recicla, crea a partires de obxetos de segunda mán…Sí, un caminho “pacífico” é posíbel.

    Coma din os alemás: Vorbereitung ist alles! A preparación o é todo.

    Apertinhas,
    luis

    • Grazas, Luis, pero os trebellos que ves ao redor, todos co seu uso real, non son meus senón da familia de Manuel Amigo, de quen veremos a segunda entrevista dentro duns días. Moi interesante o que contas de Hamburgo. Envíanos máis información cando queiras, mesmo te convido a facelo en forma de pequeno artigo para publicar aquí ou en http://vesperadenada.org Saúdos para a diáspora!

Trackbacks & Pings

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *