Sermos Galiza entrevista a Xoán R. Doldán co gallo da «Guía para o descenso enerxético»

On 28/09/2013 by Véspera de Nada

Hoxe publicouse na edición dixital de Sermos Galiza unha extensa entrevista con Xoán Doldán, o presidente de Véspera de Nada. Nela ademais de facer un repaso da situacion enerxética que afronta o mundo, e especialmente Galiza, a causa do pico máximo da extracción mundial de petróleo, o chamado Peak Oil, Doldán describe o obxectivo da Guía e o estado de desenvolvemento actual da mesma:

Xoán Doldán en 2012 na Universidade de Valladolid

A nosa guía diríxese sobre todo a individuos, grupos, familias, pequenas empresas ou concellos galegos que estean interesados en informarse sobre o problema do teito do petróleo e que busquen ideas sobre como iniciar unha transformación enerxética. (…)

No ámbito urbanístico, é preciso repensar a estrutura das cidade para volver á vida en proximidade, fomentando a instalación de paneis solares nos edificios, miniturbinas eólicas e outros sistemas de autoabastecemento enerxético, así como promover o illamento das vivendas, o alugamento de casas baleiras e protexer as terras de cultivo xerando grandes espazos produtivos accesíbeis aos seus habitantes. Tamén se debería facilitar a conformación de ecoaldeas.

(…)

Non nos propuxemos que as medidas se axustasen especificamente ás propostas que habitualmente fan os defensores do decrecemento, mais os nexos son evidentes. A transición enerxética obriga a unha redución da demanda enerxética e a unha transformación radical da organización económica e social nunha dirección coincidente con moitos dos obxectivos decrecentistas. Por outra parte, as teorías decrecentistas parten, entre outras moitas consideracións, da evidencia do peak-oil e da alteración climática polo uso abusivo dos combustíbeis fósiles.

O documento [a Guía] está redactado e corrixido, aínda que estamos a facer unha segunda revisión xeral e someténdoo ao escrutinio de persoas que, desde fóra da asociación Véspera de Nada, traballan nestes temas e son referentes amplamente recoñecidos. Todo indica que en poucas semanas estaremos en disposición de editar a versión definitiva.

Para facelo con unha calidade satisfactoria e a un prezo económico necesitamos xuntar 4.250 euros. Como somos unha asociación sen ningún tipo de axuda pública e, sendo coherentes co espírito da propia guía, consideramos que era necesario convertelo nun proxecto colectivo.

Así que chegará a termo coa colaboración de quen queira e poida facer unha pequena contribución a cambio do envío dunha copia da guía.

Con este xa son varios os medios de comunicación alternativos galegos que amosaron un gran interese polo noso proxecto adicándolle espazos sobranceiros na capa:

Trackbacks & Pings

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *