Membros de Véspera de Nada falan da Galiza pospetróleo (II)

On 04/10/2013 by Véspera de Nada

Hoxe publicamos o segundo dos vídeos no que os nosos membros dan a súa visión do que vai supor o peak oil para o noso país. Nesta ocasión Manuel Amigo, responsable dun taller de coches en Santa Comba, fálanos de como está a realizar a súa transición persoal e de empresa, dos seus avances como permacultor, da necesaria volta ao rural e da revolución interior que tamén precisamos para a nova era pospetróleo cuxo abrente estamos a presenciar e que pretendemos impulsar coa publicación da Guía para o descenso enerxético.

Podes ler máis opinións de Manuel Amigo no web da nosa asociación.

Tamén tes o vídeo dispoñible en Vimeo:

Como será a Galiza pospetróleo? (2) (Entrevista – Guía para o descenso enerxético) from Véspera de Nada on Vimeo.

Lembra que para ser unha realidade este libro precisa da túa achega! Axúdanos a poñer en marcha a Galiza pospetróleo!

Trackbacks & Pings

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.