Joám Evans: «Se nos deixamos levar, espera-nos o totalitarismo» (Entrevista V)

On 21/10/2013 by Véspera de Nada

joam-evans-guia-descenso-enerxetico-entrevista-capt-frag-w500Joám Evans Pim, coñecido activista galego en diversas organizacións como Véspera de Nada e o Partido da Terra, amplía as perspectivas que nos ofrecera nun recente artigo publicado nestas páxinas e difundido noutros medios, nesta contundente entrevista, onde fala con total claridade das consecuencias do devalar do petróleo, das actitudes xerais da xente diante do problema, das posibles reaccións dun Estado —tamén a devalar— contra as iniciativas de autoxestión e autosuficiencia das persoas e as comunidades, así como da utilidade da Guía que finalmente, grazas ao apoio de máis de 200 galegas e galegos, vai poder publicar a nosa asociación.

Lembra que con máis apoios, poderemos publicar a Guía con meirande calidade, incluíndo as ilustracións de Antía Barba Mariño a toda cor.

2 Responses to “Joám Evans: «Se nos deixamos levar, espera-nos o totalitarismo» (Entrevista V)”

Trackbacks & Pings

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.