Nela Abella: «Estamos facendo xusto o contrario do que habería que facer» (Entrevista VI)
Hoxe presentamos outra visión feminina da nosa organización: Nela Abella. Esta mestra e militante ecoloxista (Verdegaia, Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, ContraMINAcción) achega a visión sobre o impacto que sobre as mulleres pode ter o peak oil, a dificultade que mesmo en organizacións de esquerda existe para mirar alén do paradigma capitalista e do crecemento, a fe cega na tecnoloxía, e as erradas estratexias do poder que está a tomar medidas xusto na dirección contraria ás que compría adoptarmos para preparar a sociedade para o devalar enerxético, e que pasa en primeiro lugar por defendermos a terra como sustento básico para a vida pospetróleo.
Tamén en Vimeo
Como será a Galiza pospetróleo? (6) (Entrevista – Guía para o descenso enerxético) from Véspera de Nada on Vimeo.
A campaña, a piques de finalizar
Lembra que só faltan 5 días para rematarmos a campaña que permitirá publicar a Guía para o descenso enerxético. Aínda podes unirte ao grupo de persoas e colectivos que a van facer posible e conseguila a prezo especial!
Grazas por ter en conta a miña voz!
Nos momentos de crise económica (veña esta polo motivo q veña), é especialmente difícil ser muller.
Chóveche por todas partes.
Paréceme escandaloso q á primeira de cambio, en canto sube o paro, se nos diga ás mulleres: hala, para casiña.
O meu principal medo, como quixen dar a entender na entrevista (e penso q non o conseguín en absoluto) é a desigualdade social q se vai derivar da carencia de recursos, e, dentro desa desigualdade social, aquela q nos vai afectar especificamente ás mulleres.
Estou convencida de q vamos perder protagonismo na esfera do público.
Supoño q, en gran medida, penso así pq cando imaxino o pico recordo a miña infancia
e se hai algunha diferencia entre a miña infancia e agora q non quixera perder, non é a lavadora, nin o coche, nin a calefacción: é a maneira en como mellorou a miña vida con respecto ao sexismo.
JNon son nada optimista respecto ao papel da muller na sociedade pospetróleo, nada.
Pois eu penso que o trato e a consideración que recibimos as mulleres nesta sociedade hipercapitalista e hiperconsumista ao fin e ao cabo non variou tanto. So hai que ver a publicidade e mesmo os debuxos animados. Dende a máis tenra infancia transmitindo estereotipos. Como di unha amiga miña, agora estamos puteadas na casa e máis no traballo. O problema non é que fagamos os mesmos labores que os homes, e que eles fagan as mesmas tarefas que nós, para min o problema principal segue sendo que as tarefas tradicionalmente realizadas polas mulleres (coidados, crianza, organización doméstica….), considéranse menos importantes, así como o traballo reprodutivo, cando son esenciais para que a sociedade funcione e mesmo exista.
Gostei muito e concordo completamente com a reflexom da Begoña: ao meu ver o problema nom é a presumida e por vezes forçada equiparaçom e uniformizaçom do rol das mulheres com o dos homens, dos cativos com o das raparigas, das anciãs com o dos anciãos, etc… mas na igual valorizaçom do papel que desenvolve cada quem na sociedade, pois todos eles som igualmente necessários e imprescindíveis para o funcionamento do conjunto.
E matizo ainda: o sexo nom devia prejulgar de nenguma maneira o papel que cada quem queira ou possa desenvolver na sua vida e dentro da sociedade. Todas e todos deveríamos poder ser completamente livres para decidir e definir o nosso percurso vital sem mais condicionantes do que a própria vontade e obter a aceitaçom automática de tal decisom independentemente do que cada um fizer ou decidir.
Si, María, o sexo non debería ser condicionante do noso papel na sociedade. Pero estamos a falar do q debería, ou do q é?
Estamos a falar do q debería ocorrer coas mulleres (e cos sectores máis débiles da sociedade en xeral) nos momentos de crise, ou do que ocorre?
Certamente, as mulleres logramos acceder (dunha maneira parcial, pero acceder) á esfera do público a costa, moitas veces, de sacrificar moitas cousas. E os homes non quixeron (ou non souberon como) incorporarse á esfera do privado.
Pero dicir que a nosa situación non variou tanto paréceme un pouco esaxerado. Recórdoche q as mulleres en España non puidemos votar, salvo un paréntese brevísimo no ano 31, ata o ano 1977. Tampouco puidemos, ata 1975, comprar ou vender unha propiedade, ou abrir unha conta no banco, sen permiso dun varón (pai ou marido). O home era o único administrador recoñecido dos bens do matrimonio, e a muller non tiña dereito nin sequera a administrar o seu propio salario: iso correspondíalle ao marido. Ata 1978, as mulleres en España precisábamos permiso do marido ou o pai para cousas como traballar ou ter un pasaporte.
Tamén é certo que as tarefas tradicionalmente femininas están desprestixiadas e mesmo invisibilizadas (nos libros de texto, por exemplo, cando se fala dos sectores laborais, non se menciona nunca o traballo doméstico). Por non falar de que o traballo de empregada doméstica é o que ten as peores condicións recoñecidas na lexislación.
Eu creo q as dúas esferas, pública e privada, son absolutamente necesarias para o desenvolvemento integral das persoas. Homes ou mulleres.
E ollo, que cando falo da esfera pública non me refiro só ao traballo. Falo da participación cidadá, da toma de decisións, do ámbito da cultura, da liberdade nas relacións sociais (incluídas as sexuais, unha liberdade que aínda se cuestiona socialmente dunha maneira esaxerada, aínda que, xusto é dicilo, non comparable a hai 40 anos).
Non me gustaría nada, nada, ver a miña filla relegada ao ámbito do puramente doméstico. Supoño que se tivese un fillo tamén pensaría que non me gustaría nada, nada, que se desenvolvese só no ámbito público.