Esta semana presentamos a Guía en Betanzos, en Lugo e en Cuac FM

On 08/04/2014 by Véspera de Nada

Mañá mércores 9 de abril comezamos en Betanzos. Nun acto que terá lugar na libraría Biblos (R/ Santiago, 4) ás 20 h, Begoña de Bernardo e Santiago Crecente presentarán a Guía para o descenso enerxético no que será o 4º acto da nosa serie de encontros Sementando a Revolución da Galiza Pospetróleo.

axenda-actos-biblos-betanzos-abril-2014-frag-remontada

Ao día seguinte (10 de abril) Begoña de Bernardo tamén participará en representación de Véspera de Nada nun debate radiofónico na emisora coruñesa Cuac FM, no que tamén intervirán Miguel Anxo Bastos Boubeta (professor de Ciencias Politicas na USC), Fernando Blanco (responsable da sección de química do sindicato CIG), Demetrio Vázquez (secretario xeral de CC.OO. na Coruña) e un representante de Adega aínda por confirmar. O debate terá lugar dentro do programa Está a pasar (de 19 a 20 h), será moderado por Maria Castelo, xirará entorno a Teito do Petróleo e Decrecemento e levará por título “Decrescer para viver melhor” e nel hase falar tamén da nosa publicación, por suposto. Radio Filispín e Radio Burela emitirán o debate en diferido, o cal tamén estará dispoñible online.

Remataremos os actos desta semana en torno á Guía o venres 11 en Lugo, na Cova da Terra, onde ás 20 h terá lugar o 5º evento de Sementando a Revolución da Galiza Pospetróleo con Afonso Fernández, Santiago Crecente e Manuel Casal, dentro do mes de charlas que a veterá tenda luguesa de comercio xusto e responsable adica á enerxía.

201404-cartaz_mes_enerxia-apaga-e-vamonos-cova-da-terra-lugo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *