Debate sobre a Galiza pospetróleo en Galiza Ano Cero TV
O pasado día 1 de abril Galiza Ano Cero emitiu o debate que graváramos o 23 de febreiro na Coruña co gallo da publicación da nosa Guía para o descenso enerxético.
No debate participaron:
- Como presentadora e moderadora: Rebeca Fernández Hermo, xornalista especializada en temas medioambientais.
- Xoán Ramón Doldán, presidente de Véspera de Nada.
- Lidia Senra, do Sindicato Labrego Galego.
- Begoña de Bernardo, do Centro para a Resiliencia da Pousadoira.
Na canle de Galiza Ano Cero en Vimeo podedes ver tamén algúns clips con fragmentos do debate.
Ao debate foran convidadas outras persoas e colectivos que podían achegar visións de interese sobre a cuestión do Teito do Petróleo e a súa repercusión para Galiza, pero diversas circunstancias —entre elas a premura coa que se tivo que preparar o programa— fixeron que moitos deles non puidesen asistir.