Presentamos a Guía en Vigo: será hoxe na libraría Andel, ás 20 h

On 29/04/2014 by Véspera de Nada

Hoxe Xoán R. Doldán presentará na libraría Andel de Vigo a Guía para o descenso enerxético. Será unha nova ocasión para debater cos mecenas que fixeron posible a Guía e con outros lectores e interesados na cuestión do Teito do petróleo, como vai afectar o noso país e qué estratexias e accións cabe poñer en marcha desde abaixo. Tamén haberá exemplares á venda, incorporándose Andel á lista de librarías que dentro e fóra de Galiza teñen á venda o noso libro. Será ás 20:00 h no local da libraría na Avda. das Camelias, 102 baixo.

…A Revolución Pospetróleo continúa en Vigo!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *