Presentación central da Guía en Compostela: 15 de maio, ás 19 h

On 13/05/2014 by Véspera de Nada

Capa da Guía (Ilustración: Antía Barba Mariño)

Capa da Guía (Ilustración: Antía Barba Mariño)

Este xoves realizaremos un acto central de presentación en Compostela para dar a coñecer a Guía para o descenso enerxético. Serán convocados medios de comunicación, mecenas que a fixestes posible e público en xeral, para falarmos desta Revolución Pospetróleo que estamos a sementar na Galiza grazas a este libro.

O acto terá lugar na Facultade de Física (Campus Vida, USC), no seu salón de actos, ás 19 h. Presentará o colectivo USC en Transición e participarán por parte da Asociación Véspera de Nada: Xoán Ramón Doldán, Manuel Casal e Ramom Flores, quen explicarán brevemente a situación crítica á que estamos expostos por causa do Teito do Petróleo e como este libro pretende servir de axuda para lle facermos fronte. Tras a presentación, os responsables da publicación responderán preguntas da prensa asistente e encetarán un debate co público acerca destas cuestións e da posibilidade de crear grupos de transición pospetróleo na bisbarra de Compostela.

Agardámosvos neste acto central da nosa xira de presentacións Sementando a Revolución Pospetróleo!

2 Responses to “Presentación central da Guía en Compostela: 15 de maio, ás 19 h”

Trackbacks & Pings

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *