Alumnos de secundaria de A Estrada coñecerán este mércores 21 a Guía para responder ao Peak Oil

On 19/05/2014 by Véspera de Nada

ilustracion-guia-descenso-enerxetico-peak-oil-galiza-petroleo-05-640x453Despois de moito tempo desexando na nosa asociación abrir a divulgación do Teito do Petróleo no ámbito do ensino, agora teremos a oportunidade grazas ao convite do IES Antón Losada Diéguez d’A Estrada. Será este mércores 21 de maio, nunha dupla sesión (11:30 co alumnado de 1º da ESO, e 12:45 h co alumnado de 2º) dirixida por Xoán Ramón Doldán, presidente de Véspera de Nada e profesor de Economía Aplicada na USC. Nela o profesor Doldán exporá aos rapaces e rapazas o problema do Peak Oil, cales son as consecuencias vai ter para a sociedade galega e para as súas vidas, e como se pode actuar desde xa, en base ás propostas presentes na Guía para o descenso enerxético.

Agradecemos enormemente ao profesorado e responsables do centro esta oportunidade para comezarmos a preparar tamén aos alumnos de instituto do noso país diante dunha mudanza histórica da que eles van ser principais protagonistas.

3 Responses to “Alumnos de secundaria de A Estrada coñecerán este mércores 21 a Guía para responder ao Peak Oil”

  • A os alumn@s do IES Antón Losada Diéguez gustoulles moito a charla e quedaron sorprendidos con algúns dos datos que escoitaron. Tiñan un montón de preguntas que por cuestión de tempo non poideron facer, o cal mostra o seu interese neste tema. Agradecen que viñérades ao centro a falarlles e fíxolles ilusión ser os primeiros.
    Moitas grazas

    • Moitas grazas a vós, Maite. Para Xoán, e para Véspera de Nada, tamén foi unha xornada moi especial e moi motivadora. Seguiremos facendo cousas para os rapaces e cos rapaces, sen dúbida!

    • Moitísimas grazas a vós. Na verdade foi unha experiencia moi gratificante e inesquecíbel, e foi mágoa non ter máis tempo para o coloquio con eles. As súas intervencións foron moi atinadas e as súas propostas fan perceber como entenderon perfectamente os aspectos máis destacados do problema do teito do petróleo. Trasmítelles o meu agradecemento pola súa participación activa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *