Presentación da «Guía para o descenso enerxético no Milladoiro» o martes 3 de xuño

On 29/05/2014 by Véspera de Nada

O vindeiro martes día 3 de xuño teremos un novo acto de presentación da Guía, desta volta no Milladoiro, en Ames, coorganizado por Ames Novo. Será no Café Babia, na R/ Raxoeira, ás 20:30 h e contará coa presenza de Manuel Casal Lodeiro, coordinador do libro, e coa presentación de Chus Boo, de Espazo Ecosocialista Galego.

Neste novo acto de Sementando a Revolución Pospetróleo explicarase brevemente cál é o problema do Teito do Petróleo ao que pretende responder a Guía, e como este libro quere servir de ferramenta para a urxente trasformación social da Galiza para a nova época historia que se abre tras a Era do Petróleo, dando pé a un debate cos asistentes á charla.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.