Sementando a Revolución Pospetróleo no Ateneo Ferrolán (4 de xuño)

On 29/05/2014 by Véspera de Nada

Celebraremos un novo encontro revolucionario en torno á Guía para o descenso enerxético o mércores 4 de xuño en Ferrol, nun entorno histórico: o Ateneo Ferrolán. O acto comezará ás 20 h e contará coa presentación de Manolo Rei e Bernardo Maiz, e a intervención central de Xoán Ramón Doldán e de Begoña de Bernardo por parte da Asociación Véspera de Nada.

O historiador Bernardo Maiz presentará o acto, que proseguirá cunha intervención do activista libertario, membro de Véspera de Nada e divulgador do Teito do Petróleo Manolo Rei, quen falará do proceso que fixo posible a publicación do libro e das actividades sementadoras da revolución pospetróleo postas en marcha a raíz da mesma.

Xoán R. Doldán explicará o problema do Teito do Petróleo (Peak Oil) ao que pretende responder o libro, e Begoña de Bernardo presentará os contidos e mensaxes que galegas e galegos poden atopar na publicación. Tras estas intervencións terá lugar un debate cos asistentes, mecenas e lectores da publicación e medios de comunicación asistentes.


Salvemos o Ateneo! O patrimonio cultural do Ateneo Ferrolán, de interese para Galiza, pode perderse para sempre! Infórmate e asina a petición.


[Actualización 09/06/14]

Vídeo do acto

One Response to “Sementando a Revolución Pospetróleo no Ateneo Ferrolán (4 de xuño)”

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.