A «Guía para o descenso enerxético» na Feira do Libro de Ourense: 6 de xuño
Xoán Doldán e Afonso Fernández participarán na presentación da Guía para o descenso enerxético o día 6 de xuño ás 19 h dentro das actividades da Feira do Libro que terán lugar na alameda ourensá.
No acto explicarán o problema do Peak Oil, presentarán o libro co que a Asociación Véspera de Nada quere achegar unha guía para os galegos se prepararen para vivir sen petróleo e manterán un debate en torno a estas cuestións co público asistente.