A «Guía para o descenso enerxético» nas xornadas “Realiméntate 2014” en Lalín (6 de xuño)

On 03/06/2014 by Véspera de Nada

Dentro das xornadas Realiméntate 2014 que terán lugar en Lalín, no Restaurante La Molinera (R/ Rosalía de Castro, 15), entre os días 6 e 8 de xuño, Manuel Casal Lodeiro presentará a Guía para o descenso enerxético. O programa para o día 6 (o día para a reflexión) inclúe:

    realimentate-lalin-2014

  • 19:30 h: Proxección de curtametraxes sobre a temática da alimentación e da sustentabilidade.
  • 20:00 h: Presentación do libro «Guía para o descenso enerxético» a cargo de Asociación Véspera da Nada.
  • 21:30 h: Menú sustentable de degustación a cargo de Moli onde explicará
    como aposta pola sustentabilidade dende a súa cociña.

Realiméntate 2014

REALIMÉNTATE nace o ano pasado da unión da Iniciativa Prato_do e o Restaurante La Molinera, e preséntase cun formato de xornadas de reflexión entorno á alimentación e a como entender unha expresión gastronómica marcada pola nosa orixe.

REALIMÉNTATE achegará a Lalín os días 6, 7 e 8 de xuño a invitados de excepción que participarán nos diferentes debates, presentacións ou ponencias que se celebrarán durante as xornadas. Ademáis, o público que se achegue a Re_Aliméntate poderá degustar unha serie de menús e tapas elaboradas por cociñeiros como Pepe Solla (Casa Solla), Javier Olleros (Culler de Pau) ou Molinera.

3 días, 3 temas, 3 menús, 5 cociñeiros, 1 anfitrión, 6 curtametraxes, presentación dun libro, de 3 proxectos novos e unha mesa redonda multidisciplinar onde proxectar accións para a construcción entorno á alimentación dun novo rural en Galicia.

Descarga o programa completo das xornadas en PDF.

Trackbacks & Pings

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *