Este venres 27 de xuño sementamos a Revolución Pospetróleo en Pontedeume

On 24/06/2014 by Véspera de Nada

Ás 20:30 h deste venres día 27 terá lugar no CSO A Estación de Pontedeume (Av. de Ferrol, 71) un novo acto de Sementando a Revolución Pospetróleo no que a nosa compañeira Begoña de Bernardo presentará o problema do Peak Oil, a Guía para o descenso enerxético e participará nun debate coas persoas asistentes acerca de cómo iniciar a trasformación cara unha sociedade resiliente pospetróleo na zona de Pontedeume.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *