Sábado 28 de xuño: triple presentación en Ordes, o Courel e Xixón

On 24/06/2014 by Véspera de Nada

Este sábado 28 de xuño será un día intenso de presentacións da Guía para o descenso enerxético:

Na Festa da República Galega (estación vella do tren, Ordes)

postos-festa-republica-galega-ordesDurante a xornada de celebración disporemos dun espazo cedido polos organizadores da Festa para amosar e vender exemplares do libro, no que Manuel Casal Lodeiro e outros membros de Véspera de Nada que poidan asistir falarán coas persoas interesadas que se acheguen a coñecer o libro e as súas propostas.

Será na vella estación do tren da Pontagra, durante todo o día, especialmente pola tarde.

Na Festa da Auga (Órreos, Folgoso do Courel)

Xabier Vázquez Pumariño presentará a Guía ás 17 h, dentro dos actos da Festa da Auga que terá lugar neste lugar do Courel, a todas as persoas asistentes.

orreos-folgoso-courel

No Ateneo Obrero de la Calzada (Xixón)

Miguel Anxo Abraira presentará a Guía no Ateneo de La Calzada a partir das 19 h.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.