Presentamos a 2ª ed. da Guía na Feira do Libro da Coruña (6 de agosto)

On 30/07/2014 by Véspera de Nada

capa-guia-descenso-enerxetico-2a-edicion-710x862Este vindeiro mércores 6 de agosto, entre as 19 e as 20 h, teremos ocasión de presentar, no ámbito da Feira do Libro que se celebra nos Xardíns Méndez Núñez da cidade d’A Coruña, a 2ª edición da nosa Guía para o descenso enerxético. O encargado de presentala e manter un debate coas persoas asistentes será coordinador do libro, Manuel Casal Lodeiro. Agardamos que sexa unha nova ocasión para coñecer aos numerosos mecenas deste libro e para dalo a coñecer tamén a persoas que nunca escoitaron falar do Teito do Petróleo.

A Guía tamén poderá ser adquirida, ao seu prezo de 12 euros, nalgunhas das librarías presentes na Feira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.