Sementamos a Revolución Pospetróleo en Monforte (22 de agosto)
O vindeiro venres 22 de agosto o noso compañeiro Afonso Fernandes ofrecerá unha nova presentación-debate acerca da Guía para o descenso enerxético (2ª edición) no contexto da Feira do Libro de Monforte. Será ás 20 h na carpa instalada na R/ Cardeal.
Durante a Feira o libro poderase mercar nalgunhas das librarías presentes, que o teñan á venda: consulta no noso listado.
(Fotografía utilizada na ilustración de cabeceira: CC Ramón Piñeiro.)