Nace un web de política municipal pospetróleo a partir da nosa Guía

On 09/10/2014 by Véspera de Nada

Onte os compañeiros da Asociación Touda presentaron Municipios.PosPetroleo.com, un wiki que recolle propostas de actuación municipal para preparar as localidades de toda España ante o Teito do Petróleo. O wiki conta coa nosa colaboración e mais a doutras iniciativas como Argelaguer en Transició, quen tamén están a preparar unha edición en catalán da Guía para o descenso enerxético. Precisamente da información que achega o noso libro ás administracións locais é que parte este wiki, ademais de incluir as máis amplas medidas que definíramos para A Coruña e que foran asumidas na súa práctica totalidade pola candidatura encabezada por César Santiso, quen obtivo representación en nome de EU-Os Verdes nas pasadas eleccións municipais nesta cidade.

Damos os parabéns a Touda por esta iniciativa e agardamos que chegue moi lonxe!

logo-municipios-pospetroleo

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *