O xoves 23 de outubro continúa a Revolución Pospetróleo en Miño
Desta volta a novo acto de presentación + debate en torno á nosa «Guía para o descenso enerxético» e as repercusións do Peak Oil na Galiza chegan á vila costeira de Miño. O acto terá lugar ás 19:00 h no Local social da Rúa, e intervirán Begoña de Bernardo, Miguel Anxo Abraira, e o presidente de Véspera de Nada, Xoán Ramón Doldán.
Será o acto nº 35 da nosa xira revolucionaria por toda Galiza (e parte do estranxeiro!), a sementarmos a mudanza cara unha vida pospetróleo.
Evento en Facebook: https://www.facebook.com/events/1499180140336279/