A Guía para o descenso enerxético
Realizaremos unha nova presentación do
noso libro en Lugo, desta volta no campus universitario, concretamente na Sala de Xuntas da Escola Politécnica Superior. Será o xoves 7 de maio, ás 12 h, e contará coa presenza dos profesores
Xoán Carlos Carreira e
Xoán Ramón Doldán, así como da enxeñeira agrónoma
Begoña de Bernardo, membro tamén de
Véspera de Nada e promotora do
Centro para a Resiliencia Pousadoira.
Os palestrantes presentarán a segunda edición da Guía e o problema do Peak Oil que nos levou a publicala, poñéndoa en relación coas áreas de coñecemento e formación impartidas neste centro universitario e que tan importantes serán para un futuro pospetróleo no noso país.