Estreamos o documental “Non hai mañá” e presentamos a Guía este domingo en Esmelle

On 08/05/2015 by Véspera de Nada

idea-indicacion-2a-ed-capa-guia-descenso-enerxetico-v2A parroquia trasanquesa de Esmelle será o lugar onde se proxecte por primeira vez a versión dobrada ao galego da curtametraxe de animación “Non hai mañá” de Dermot O’Connor, dentro da presentación que faremos da nosa Guía para o descenso enerxético varios membros de Véspera de Nada no local social (na biblioteca) da Asociación de Veciños Val de Esmelle (Ferrol).

Será ás 19:00 h do domingo 10 de maio, e presentará a nosa compañeira Begoña de Bernardo.

Despois da película e da presentación da nosa asociación e do noso libro, haberá un debate co público asistente. Tamén se poderán adquirir exemplares da 2ª edición da Guía para o descenso enerxético.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *