Proxección da película “Non hai mañá” na Gentalha do Pichel (xoves 4 de xuño)

On 20/05/2015 by Véspera de Nada

capt-0-theres-no-tomorrowO xoves 4 de xuño estaremos presentando a nosa Guía no Centro Social O Pichel (R/ Santa Clara, 21) en Compostela. O formato do acto será novidoso con respecto ao das outras presentacións realizadas ata o de agora polo país pois comezará coa emisión da película divulgativa de media hora, realizado en animación Flash, “Non hai mañá“, de Dermot O’Connor, en versión dobrada ao galego por Suso Pando.

O filme presentará dunha maneira rigorosa pero moi visual o problema do Peak Oil e as súas consecuencias para a economía e o modelo civilizatorio. Ao rematar a proxección, os membros de Véspera de Nada presentaremos o libro “Guía o descenso enerxético“, na súa segunda edición, e daremos paso ao debate coas persoas asistentes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *