Tui, domingo 14-xuño: presentación da Guía + curtametraxe «Non hai mañá»

On 07/06/2015 by Véspera de Nada

capa-guia-descenso-enerxetico-2a-edicion-710x862O vindeiro domingo, 14 de xuño, presentaremos a nosa Guía para o descenso enerxético en Tui, no Bar Betún (R/ Cuenca, 82). Tamén realizaremos outra emisión da curtametraxe de Dermot O’Connor, Non hai mañá (There’s no tomorrow), como introdución ao problema do Peak Oil.

O encargado de presentar será o noso compañeiro Xaquín V. Fernández, quen tivo ao seu cargo a adaptación ao galego da película, que foi dobrada por Suso Pando.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *