A Guía para o descenso enerxético preséntase este sábado 4 de xuño ás 11:00 dentro dun interesante acto organizado pola nova asociación Ames Pospetróleo, que naceu o ano pasado para difundir e traballar sobre o problema do Peak Oil nesta localidade veciña a Compostela.

Fotograma da película ‘Non hai mañá’
O acto conta coa colaboración do Concello de Ames, e será presentado e moderado pola
xornalista Rebeca Fernández Hermo. Tras a emisión da curtametraxe didáctica de animación
Non hai mañá (Dermot O’Connor, 2012), dobrada ao galego por Suso Pando, o vicepresidente de
Véspera de Nada,
Xoán Doldán, falará das actividades de Véspera de Nada e do noso libro. Posteriormente, o presidente de Ames Pospetróleo,
Emilio Román, presentará este novo colectivo local e as actividades que veñen desenvolvendo. Finalmente haberá un
debate co público, entre o cal se espera contar con diversos membros do goberno e corporación municipais de Ames.
Podes indicar a túa asistencia no evento en Facebook, e difundir esta nova ou a publicada polo concello de Ames.
No acto haberá exemplares para a venda, da 2ª edición da Guía, ao prezo de 12,00 €.
Crónica do acto no blog de Ames Pospetróleo: https://amespospetroleo.wordpress.com/2016/06/09/celebrouse-o-1o-acto-de-presentacion-de-ames-pospetroleo-en-bertamirans/