Consegue no Festigal a Guía xunto co noso novo libro por só 18 euros

On 18/07/2016 by Véspera de Nada

capa-por-que-crise-non-acabara-nunca-420x594Se aínda non tes o noso exitoso libro Guía para o descenso enerxético ou queres conseguir un novo exemplar, agora tes unha fantástica oportunidade de te faceres con el en oferta conxunta coa nosa nova publicación: a tradución ao galego de Por qué la crisis no acabará nunca, o libro dos membros do Oil Crash Observatory Jordi Solé e Francesc Sardà.

Os dous libros só che costarán 18 € se os mercas este luns 25 de xullo pola tarde (de 14 a 21 h) no Festigal, en Compostela. Véspera de Nada terá alí un pequeno posto na zona das asociacións, no Campus Sur, onde ademais destes títulos se poderán conseguir algunhas outras publicacións nosas e da Asociación Touda e parolar connosco de todos estes temas, afiliarte á nosa asociación, etc.

montaxe-festigal-libros-vespera-de-nadaAdemais, ás 16:20 h, o noso compañeiro Manuel Saavedra —tradutor deste útil libro divulgativo— presentará na Galería das ideas e das letras do Festigal o novo libro recén publicado.

O prezo do libro Por que é que a crise non acabará nunca, que poñeremos á venda ese mesmo día, será de 7 € se se merca separadamente da Guía. A oferta conxunta só será válida durante o día 25.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.