A revolución pospetróleo chega a Muxía esta fin de semana

On 24/05/2017 by Véspera de Nada

Este sábado 27 de maio Bea Arias e Begoña de Bernardo estarán presentando a Guía para o descenso enerxético en San Martiño de Ozón, concello de Muxía.

Será no marco dunhas xornadas de procesado da lá de ovella, auspiciadas pola cooperativa Aurora de los Caminos, no mosteiro de San Martiño.

As xornadas comezarán o venres pola tarde rapando as ovellas, e continuarán toda a fin de semana cun obradoiro de procesado da lá, lavado, cardado, tinguido, ata obter fío co que tecer prendas de roupa.

O sábado ás 21,30 horas será cando teremos un tempo para presentar a asociación Véspera de Nada, e máis a Guía para o descenso enerxético. Tamén pasaremos o documental divulgativo de animación Non hai mañá, e teremos un coloquio acerca do tema. NOTA: Malia no cartaz indicarse un prezo do obradoiro, esta actividade de Véspera de Nada é gratuíta.

Páxina do evento en Facebook: https://www.facebook.com/events/1918900978368379/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *