Acerca da Guía

Capa da Guía (Ilustración: Antía Barba Mariño)

Capa da Guía (Ilustración: Antía Barba Mariño)

Os alicerces enerxéticos da civilización industrial está a se esborrallar irreversiblemente. En poucas décadas o actual modo de vida das sociedades capitalistas-consumistas deixará de ser viable, e con el moito do que hoxe damos por descontado, incluíndo o aparato de soporte estatal.

Diante disto a sociedade ten dúas opcións: ou deixarse guiar polo mito suicida do crecemento perpetuo nun imposible intento de prolongar a agonía do actual sistema, ou tomar o futuro das súas mans e comezar a construír, desde baixo, unha nova sociedade máis modesta, máis local e máis comunitaria. Aínda que os gobernos estean fallando criminalmente no seu deber de preparar de maneira anticipada as poboacións fronte á escaseza inminente debida ao devalar da enerxía fósil, hai moitos aspectos das nosas vidas nos que nós mesmas/os podemos actuar desde xa para preparar as nosas familias, as nosas comunidades, as nosas pequenas empresas e gobernos locais.

Esta Guía presenta unha explicación das transformacións sociais que xa están en marcha e que van supoñer a fin da Era da Abundancia e do Crecemento, ao tempo que ofrece un amplo conxunto de recomendacións acerca do que podemos ir mudando cada galega e cada galego nos terreos da nosa economía, do consumo enerxético, do transporte, da alimentación, da saúde, da vivenda e da educación para non só sobrevivirmos ao Peak Oil senón para construírmos unha Galiza que teña un futuro mellor despois do petróleo.

O web da Guía

Neste sitio web ubicado en galiza.pospetroleo.com iremos dando noticias relativas ao proxecto, ao seu proceso de financiamento mediante micromecenazgo colectivo, e presentando algúns fragmentos do libro en forma de posts, os contidos completos da 1ª edición en PDF e outras informacións relevantes acerca do Teito do petróleo.

Unha vez publicada a Guía —grazas ao éxito do crowdfunding— pasou a servir tamén para aloxar servizos dirixidos a lectores e lectoras, coma un foro, unha boletín de correo electrónico, e outros recursos online que permitan dar continuidade aos seus contidos e axudar a poñer en práctica as recomendacións que inclúe, a debatirmos e compartirmos opinións, dúbidas e proxectos colectivos e persoais que nazan a partir da lectura da Guía.

A Guía para o descenso enerxético, completa en PDF

Autores

A Guía para o descenso enerxético é unha obra colectiva na que están a participar moitos dos membros da Asociación Véspera de Nada por unha Galiza sen petróleo. Entre eles cabe salientar a dirección do proxecto a cargo de Manuel Casal Lodeiro e a supervisión de Xoán Ramón Doldán, profesor de Economía Aplicada na USC e presidente da nosa asociación ademais da Asociación de Economía Ecológica en España. A guía contou tamén con diversos colaboradores que revisaron o texto e nos fixeron diversas achegas, entre os que podemos destacar a Antonio Turiel, Pedro Prieto e Carlos Taibo. No apartado gráfico contamos coas ilustracións de Antía Barba Mariño e para a maquetación e realización de gráficas con Martiño Picallo (Lusco & Fusco). XCNLodeiro realizou o vídeo que deu a coñecer o proxecto do libro con motivo da campaña de crowdfunding que arrinca en setembro de 2013 e Tingalaranga realizou toda unha serie de entrevistas en vídeo a membros da nosa asociación para falar do proxecto.

Licencia dos contidos

Por decisión dos membros de Véspera de Nada os contidos da Guía foron publicados cunha licencia Creative Commons que permita a súa difusión. Podes descargar os contidos completos da 1ª edición en PDF a baixa resolución.

by-nc-nd.eu

A Guía nos medios de comunicación

Aquí iremos recollendo as entrevistas e noticias aparecidas en medios de comunicación acerca da Guía para o descenso enerxético. Podes tamén ler as opinións de diversas persoas de sona sobre o noso proxecto:

Algunhas reseñas da Guía

Prepublicación

Unha vez publicada

93 Responses to “Acerca da Guía”

  • [Perdòn por escribir en español]. El libro tiene muy buena pinta, y creo que es interesante también para el resto del estado. Pero me parece poco apropiada la licencia que habeis escogido. Es una licencia que no permite realizar obras derivadas (ND), ni tampoco utilizarla en proyectos comerciales (NC). Esto último, aunque parezca bueno, restringe el modo de utilización y difusión. Por ejemplo, ambas clausulas, pero sobre todo la primera, dificultan la realización de una versión traducida al castellano… Sin mas, como reflexión. Personalmente preferiría una by-sa (atribución – compartir igual). Mila esker lanagatik, muchar gracias por el curro.

    • Ez dago zergaitik!

      Teremos en consideración lo que nos dices de la licencia. Aún estamos a tiempo de cambiarlo antes de que salga la Guía.

    • De todos modos cabe aclarar que restringir no es lo mismo que impedir. La licencia elegida no impide la difusión, uso, traducción, etc.: simplemente nos permite mantener el control de las mismas.

  • (Perdon tambien por escribir en castellano). Es posible acceder a una copia de la guia antes de su publicacion, en formato digital? Y si no, va a poder accederse en formato digital en algun momento? No vivo en Espanha pero me parece un documento muy interesante y practico. Estoy escribiendo una historia sobre un mundo sin carburantes y me vendria de perlas para ambientacion.

    Un saludo,

    JM

    • No, me temo que no, Jesús. Más que nada porque la versión digital definitiva aún tardará unos días en estar lista. Posteriormente sí que los contenidos serán liberados, posiblemente en varios formatos. Estate atento a nuestras páginas. Saludos para ¿Escocia? 🙂

  • ¿Cándo comeza o envío de exemplares? Un saúdo

    • Pois debido a retrasos no proceso de maquetación-revisión e de selección de imprenta aínda non entrou no prelo pero debería facelo nos vindeiros días. A partir de aí conta 15 días e despois xa comezaría o envío. Xa sentimos tanto retraso pero estamos procurando facer unha edición da calidade que merece o tema.

Trackbacks & Pings

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *