Descarga a Guía para o descenso enerxético (PDF)

Capa da Guía (Ilustración: Antía Barba Mariño)

Capa da Guía (Ilustración: Antía Barba Mariño)

Inicialmente esta páxina só estaba dispoñible para as persoas e medios de comunicación que fixeren unha reseña do libro.

Máis adiante tamén a fixemos accesible en primicia para os mecenas, en recoñecemento polo seu apoio.

A partir do día 10/06/14, coincidindo coa posta en marcha oficial da 2ª edición impresa do libro, puxémola a disposición do público en xeral, pois a obra foi publicada con licencia Creative Commons (Atribución + Non comercial + Compartir igual) e pódese compartir de balde.

by-nc-nd.eu

Se queredes saber máis sobre este libro, ofrecemos neste mesmo web toda a información.

Para calquera consulta podedes poñervos en contacto connosco no email de Véspera de Nada.

8 Responses to “Descarga a Guía para o descenso enerxético (PDF)”

  • No consigo descargar el libro.

  • Magnífica obra. Ambiciosa e moi ben artellada. Posibilita información plural e inspira á creación de accións educativas para quen ten esa responsabilidade profesional.
    Espero que este éxito editorial teña repercusión social, porque é moi necesaria a reflexión e a mobilización que promova un cambio de modelo socioeconómico.

    • Moitas grazas, Lucía. E si, nós esperamos a máxima repercusión social aínda que sabemos que é moi difícil polas diversas barreiras que debe afrontar unha mensaxe coma esta. Pero no fondo sabemos que a realidade acabará facilitando que se asuman estas mensaxes… namentres sega habendo gasolina nas gasolineiras e todo tipo de produtos nos supermercados é difícil que calle :-/

  • A descarga deixara de funcionar por un problema de software despois da descarga nº 1.227. Pero agora xa volve estar dispoñible. Desculpade o erro!

Trackbacks & Pings

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *