Coido eu que a cita electoral municipal de 2015 (para maio, está prevista) pode supoñer unha oportunidade de comezar a botar a Transición en serio en varios dos concellos do país. Por suposto sen esperar que ningún goberno municipal a lidere, pero si que deberiamos poñernos a levantar arreo iniciativas cidadáns como as descritas na nosa Guía para o descenso enerxético, de tal maneira que:
1) Poidamos influir nos programas presentados polas candidaturas máis conscientes ou máis abertas ás propostas cidadás, cando menos.
2) Servir de interlocutores sociais locais para botar a andar proxectos de Transición co apoio dos gobernos municipais.
Achades que é un posicionamento estratéxico acaído ao intre histórico no país?