Oportunidade eleccións municipais 2015

Publicada:
14 Set 2014, 11:16
por Casdeiro
Coido eu que a cita electoral municipal de 2015 (para maio, está prevista) pode supoñer unha oportunidade de comezar a botar a Transición en serio en varios dos concellos do país. Por suposto sen esperar que ningún goberno municipal a lidere, pero si que deberiamos poñernos a levantar arreo iniciativas cidadáns como as descritas na nosa Guía para o descenso enerxético, de tal maneira que:
1) Poidamos influir nos programas presentados polas candidaturas máis conscientes ou máis abertas ás propostas cidadás, cando menos.
2) Servir de interlocutores sociais locais para botar a andar proxectos de Transición co apoio dos gobernos municipais.
Achades que é un posicionamento estratéxico acaído ao intre histórico no país?
Re: Oportunidade eleccións municipais 2015

Publicada:
16 Set 2014, 17:59
por Osoe
Na miña opinión o momento é o oportuno para plantexalo. É un punto clave á hora de emprender unha revolución integral e non só un lavado de cara.
Estas eleccións non se poden plantexar só en clave de estratexia política para facerse coas institucións. Teñen que servir para poñer a semente dunha nova cultura política, emprender un proceso de debate, análise e reformulación.
É normal a falta de experiencia, os erros lóxicos do principio, aprender coa práctica e ser conscientes de que nos enfrontamos a algo novo que moitos nunca fixemos: falar do tipo de vida que queremos vivir e como queremos que sexa e se organice a terra na que o facemos. É preciso que ese debate chegue a cada concello, a cada barrio e a cada familia.
Parece que son pocos os suxeitos políticos actuáis que queren rachar radicalmente co sistema actual, pero por algo se comeza. Se o tema non está sobre a mesa non serve lamentarse, e sí acudir as diferentes mesas a poñelo sobre elas. Ter presencia, tomar parte dos procesos e aportar o que un ve que lles falta para que sexan máis completos.
Levamos moito tempo delegando cegamente e pode que sexa tarde para que podamos estar a punto para estas eleccións, pero é imprescindible que este proceso colectivo comece e teña o debate enerxético coma un dos seus eixos pero non supeditar únicamente a axenda ós comicios electorais.