Concordo co comentario final, eu sería moi precavido. Eses valores penso que corresponderían a un escenario ideal, do mesmo xeito que os prezos. Polo que teño entendido, hai unha elevada probabilidade de que as cepas utilizadas para micorrizar os castiñeiros sexan substituídas posteriormente por cepas autóctonas máis virulentas presentes no lugar de plantación (que por suposto non terán como froito o desexado Boletus edulis).
No caso das plantacións para froito, normalmente as árbores non presentan un porte forestal adecuado, senón copas abertas, para buscar iluminación e incrementar a produción, polo que a madeira se destinaría principalmente para leña e non para outros usos onde se acadan maiores prezos.