Crear unha nova escola ou aproveitar as unitarias?

Educación para un mundo sen petróleo, tanto na infancia como na mocidade e para a idade adulta.

Crear unha nova escola ou aproveitar as unitarias?

Mensaxepor Casdeiro » 25 Ago 2015, 17:21

Para quen temos fillos en idade de comezar o ensino obrigatorio comezan as dúbidas:
a) metelos nun CEIP público, cos seus pros e contras pero cunha consciencia mínima ecolóxico-decrecentista, e cun alto grau de desgaleguización...
b) buscar unha unitaria o máis afín posible aos principios éticos e pegadóxicos que queremos para os nosos fillos...
c) metelos nun centro privado o máis afín... etc.
d) crear unha escola nova

A opción (d) pode parece moi interesante a priori pero todo o que levo escoitado é que os requisitos son tremendos: p.ex. para primaria xa hai que ter, aparte doutras moitas cousas, un pavillón deportivo coberto!!

As alternativas ante esta situación son basicamente dúas, se non queres gastar o diñeiro nun privado, que ademais tamén será moi difícil atopalo afín aos criterios peakoilers, etc.:
- a da escola unitaria
- a creación dunha escola ESTRANXEIRA

A 2ª destas opcións polo visto ten a vantaxe de que segundo o país os requisitos poden ser mínimos: p.ex. para abrir unha escola estadounidense apenas piden máis ca ter un aula e dar o 70% das aulas en inglés. Despois hai que convalidar os estudos, claro, pero iso en primaria non debe ser ningún problema. É dicir, aforras en infraestruturas pero complícaste (pouco ou moito) en burocracia e veste algo limitado/a (pouco ou moito dependendo do país) á hora de elixir curriculum. Polo visto hai escolas portuguesas instaladas na Galiza e parece unha opción ben máis interesante polo tema idiomático-curricular, cá ianque... pero se cadra en Portugal teñen os mesmos ou máis duros requisitos para abrir un centro... Haberá que miralo.

E finalmente, a opción que me parece máis interesante é a de aproveitar unha escola unitaria, que aínda estea funcionando preto de onde vivimos, e mirar de meter alí a nosa filla ou fillo, co cal ademais estaremos axudando á pervivencia desa escola, pois cando quedan sen nenos péchanas e despois se se abren xa non o poden facer, polo visto, con esa excepcionalidade lexislativa da que falaba. Aquí hai un caso de escola unitaria rehabilitada hai pouco en Oleiros como centro privado (de prescolar, iso si): http://www.marinasbetanzos.org/index.ph ... =9&lang=es ( :idea: abrir o PDF e buscar o texto "Escola").

Penso que ao ser unitaria, con poucos rapaces, a capacidade de influír nela ata achegala aos valores e contidos axeitados para prepararmos os nosos nenos para un mundo pospetróleo, serán moito máis grande ca nas outras opcións públicas ou privadas (agás na opción, claro está, de crearmos nós mesmos a escola).
Preparándome para o peor escenario, mentres laboro para construír o mellor dos posibles.
Avatar de Usuario
Casdeiro
Socio/a
Socio/a
 
Mensaxes: 262
Rexistrado: 08 Mar 2014, 19:32
Ubicación: Galiza

Re: Crear unha nova escola ou aproveitar as unitarias?

Mensaxepor Casdeiro » 25 Ago 2015, 17:33

Lexislación para o caso português:

http://legislacao.min-edu.pt/np4/np3con ... 0_2009.pdf

Decreto-Lei n.º 30/2009
Estabelece o regime jurídico aplicável ao reconhecimento, pelo Estado Português, do ensino ministrado com currículo e programas portugueses em estabelecimentos de ensino de iniciativa privada situados fora do território nacional [+]


Polo que vexo nesta nova son rigorosos coa cualificación do profesorado, mais non acho requisitos acerca das infraestruturas: http://www.publico.pt/educacao/noticia/ ... ro-1348151

Máis info sobre o ensino português no estranxeiro: http://legislacao.min-edu.pt/np4/144

En http://www.instituto-camoes.pt/coordena ... secundario hai datos de contacto dunha persoa coordenadora pero parece que é do EPE (Ensino do Português no Estrangeiro).
Preparándome para o peor escenario, mentres laboro para construír o mellor dos posibles.
Avatar de Usuario
Casdeiro
Socio/a
Socio/a
 
Mensaxes: 262
Rexistrado: 08 Mar 2014, 19:32
Ubicación: Galiza

Re: Crear unha nova escola ou aproveitar as unitarias?

Mensaxepor Casdeiro » 25 Ago 2015, 18:53

En canto á creación de novas escolas acaídas aos valores do ecoloxismo podería ser un exemplo interesante FUHEM, aínda que cunha capacidade moitísimo máis grande do que poderíamos alcanzar unha presada de nais e pais, claro! http://www.fuhem.es/educacion/Default.aspx?v=163
Preparándome para o peor escenario, mentres laboro para construír o mellor dos posibles.
Avatar de Usuario
Casdeiro
Socio/a
Socio/a
 
Mensaxes: 262
Rexistrado: 08 Mar 2014, 19:32
Ubicación: Galiza

Reapertura de unitaria

Mensaxepor Casdeiro » 26 Ago 2015, 17:42

Polo visto existen precedentes de reapertura de Escolas Unitarias, así que por aí parece que non é imposible a xogada: http://www.culleredo.es/es/node/3559
Preparándome para o peor escenario, mentres laboro para construír o mellor dos posibles.
Avatar de Usuario
Casdeiro
Socio/a
Socio/a
 
Mensaxes: 262
Rexistrado: 08 Mar 2014, 19:32
Ubicación: Galiza

Re: Crear unha nova escola ou aproveitar as unitarias?

Mensaxepor Casdeiro » 28 Ago 2015, 06:17

Máis info que me fai chegar un compañeiro sobre estas cuestións:

O mais prático para estar "legais" é estar formalmente matriculados em
ensino domésticos em Portugal (só há que ir fazer uma prova de nível
cada 2 anos) e depois aqui organizar-se para fazer como nos pete.

Em Portugal há famílias que se auto-organizaram para recuperar
unitárias, só de jeito totalmente autónomo, pois estão no ensino
doméstico e poderiam ter colhido um coberto em qualquer lado:
http://omundosomosnos.wix.com/projecto

Mais info aqui: http://www.educacaolivre.pt/

Também há em Portugal algumas escolas públicas com modelos
alternativos interessantes:
https://pt.wikipedia.org/wiki/Escola_da_Ponte
Preparándome para o peor escenario, mentres laboro para construír o mellor dos posibles.
Avatar de Usuario
Casdeiro
Socio/a
Socio/a
 
Mensaxes: 262
Rexistrado: 08 Mar 2014, 19:32
Ubicación: Galiza

A vía panameña (convenio André Vello)

Mensaxepor Casdeiro » 03 Xan 2016, 17:54

Velaquí outra interesante posibilidade: http://www.elmundo.es/comunidad-valenci ... b4573.html
Preparándome para o peor escenario, mentres laboro para construír o mellor dos posibles.
Avatar de Usuario
Casdeiro
Socio/a
Socio/a
 
Mensaxes: 262
Rexistrado: 08 Mar 2014, 19:32
Ubicación: Galiza


Volver a Educación

Quen está en liña

Usuarios navegando neste foro: Ningún usuario rexistrado e 1 convidados

cron