Para quen temos fillos en idade de comezar o ensino obrigatorio comezan as dúbidas:
a) metelos nun CEIP público, cos seus pros e contras pero cunha consciencia mínima ecolóxico-decrecentista, e cun alto grau de desgaleguización...
b) buscar unha unitaria o máis afín posible aos principios éticos e pegadóxicos que queremos para os nosos fillos...
c) metelos nun centro privado o máis afín... etc.
d) crear unha escola nova
A opción (d) pode parece moi interesante a priori pero todo o que levo escoitado é que os requisitos son tremendos: p.ex. para primaria xa hai que ter, aparte doutras moitas cousas, un pavillón deportivo coberto!!
As alternativas ante esta situación son basicamente dúas, se non queres gastar o diñeiro nun privado, que ademais tamén será moi difícil atopalo afín aos criterios peakoilers, etc.:
- a da escola unitaria
- a creación dunha escola ESTRANXEIRA
A 2ª destas opcións polo visto ten a vantaxe de que segundo o país os requisitos poden ser mínimos: p.ex. para abrir unha escola estadounidense apenas piden máis ca ter un aula e dar o 70% das aulas en inglés. Despois hai que convalidar os estudos, claro, pero iso en primaria non debe ser ningún problema. É dicir, aforras en infraestruturas pero complícaste (pouco ou moito) en burocracia e veste algo limitado/a (pouco ou moito dependendo do país) á hora de elixir curriculum. Polo visto hai escolas portuguesas instaladas na Galiza e parece unha opción ben máis interesante polo tema idiomático-curricular, cá ianque... pero se cadra en Portugal teñen os mesmos ou máis duros requisitos para abrir un centro... Haberá que miralo.
E finalmente, a opción que me parece máis interesante é a de aproveitar unha escola unitaria, que aínda estea funcionando preto de onde vivimos, e mirar de meter alí a nosa filla ou fillo, co cal ademais estaremos axudando á pervivencia desa escola, pois cando quedan sen nenos péchanas e despois se se abren xa non o poden facer, polo visto, con esa excepcionalidade lexislativa da que falaba. Aquí hai un caso de escola unitaria rehabilitada hai pouco en Oleiros como centro privado (de prescolar, iso si): http://www.marinasbetanzos.org/index.ph ... =9&lang=es ( abrir o PDF e buscar o texto "Escola").
Penso que ao ser unitaria, con poucos rapaces, a capacidade de influír nela ata achegala aos valores e contidos axeitados para prepararmos os nosos nenos para un mundo pospetróleo, serán moito máis grande ca nas outras opcións públicas ou privadas (agás na opción, claro está, de crearmos nós mesmos a escola).