Cadrando cunha petición expresa dun profesor que coñecemos, quería abrir este fío para que poñamos aquí o material A/V que nos pareza máis acaído para introducir á rapazada (adolescentes e pre) no tema da enerxía en xeral e do papel do petróleo nas nosas sociedades en particular. Isto podería servir tamén para o .
Eu para comezar suxiro todos os vídeos que temos recollidos nas listas da , ou polo menos boa parte deles. Os que son animados e de non moi longa duración véxoos os máis acaídos. E como intro moi breve tamén a nosa propia .
Algún de vós ten utilizado isto nas aulas ou cos seus fillos? Cal é o que mellor funciona neses casos?