É un tema que xa me ten preocupado no pasado e sobre o que seguirei a dar voltas...
Pero a raíz dos datos que fun recopilando e a partir de datos achegados polo compañeiro Calín e outros que saquei de Internet, fixen a seguinte deducción:
Segundo os cálculos de Bouhier para o sistema agrario tradicional galego e tomando como partida a cifra de 700.000 ha de superficie agraria, precisaríamos para mantela a base de fertilizante verde do monte, unhas 1.400.000 ha de monte (que non podería ser precisamente de eucaliptal!). Con iso, se désemos feito como na illa de Tikopia (salvando as distancias climáticas, etc.) poderiamos soportar (é un cálculo ao bruto de todo!)... 1 km2 = 100 ha 300 habitantes 2.100.000 habitantes (agora temos máis de 2.700.000).
Como contamos con 2.039.574 ha de superficie forestal, teríamos como unhas 600.000 ha sobrantes para uso madeireiro, e outros. Aínda que, pensándoo ben, se usamos un sistema intelixentemente multifuncional do monte, as mesmas ha que usásemos para monte poderían ser usadas para madeira, etc. e esas 600.000 poderían quedar para servizos ecosistémicos, en estado máis salvaxe... Ou, alternativamente, destinalas a aumentar a fertilidade doutras 200.000 ha agrarias roubadas ao monte, o cal nos permitiría (en teoría) soster 600.000 persoas máis.
E agora que me decato... Resulta que a superficie forestal nos dá a cifra aproximada de habitantes que podemos soster! Que curioso! 2.000.000 ha
forestais => 2.000.000 habitantes.