Agricultura sen petróleo

Como alimentarmos sen petróleo. Agroecoloxía, soberanía alimentar, produción sustentable de alimentos, permacultura, etc.

Agricultura sen petróleo

Mensaxepor emilioroman » 19 Mar 2014, 11:43

Boas a todos,

gustaríame compartir con todos unha idea que me parece moi interesante e que eu intento aplicar na medida do posible na miña pequena horta.

Hai moita xente que escribe sobre o manexo ecolóxico da horta sen petróleo e sobre o manexo permacultural. Neste caso gustaríame falar de Masanobu Fukuoka.

O libro "la revolucion de una brizna de paja" que escribiu este home (entre moitos outros que hai na súa bibliografía) conta a historia de cómo, a través da observación da natureza, se pode obter uns rendementos iguais ou maiores aos que nos proporciona a agricultura actual que está baseada na utilización de fertilizantes, pesticidas e maquinaria os cales se centran nun forte consumo de petróleo ou gas natural.

Fukuoka practica un sistema de cultivo que el chama "agricultura natural". Aínda que algunhas das suas prácticas son específicas para Xapón, a idea que rixe o seu método aplicouse con éxito ao redor do mundo. O seu sistema encádrase dentro do ámbito da permacultura (agricultura permanente). A esencia do método de Fukuoka é reproducir as condicións naturais tan fielmente como sexa posible de modo que o solo se enriquece progresivamente e a calidade dos alimentos cultivados aumenta sen ningún esforzo engadido.

"Es una filosofía para trabajar juntos con la naturaleza y no en contra, de observar prolongadamente y atentamente en lugar de trabajar mucho y descuidadamente, de considerar las plantas y los animales en todas sus funciones en lugar de tratar a los elementos como sistemas de un solo producto"

Fukuoka deuse conta de que canto máis interviña na terra, co paso do tempo, empeoraban as condicións desta e lle custába cada vez máis esforzo traballala, polo que en vez de pensar en "que facer" plantexouse en "que deixar de facer" intentando respetar os ciclos da natureza e o sistema que de forma natural ten a natureza de cultivar.

Estes radicais principios de traballo se basan nunha filosofía de non facer (Wu Wei) , ou máis exactamente non intervir ou forzar as cousas. Fukuoka alcanzou un grao de comprensión dos microecosistemas do solo, que ideou un sistema de traballo que libera de laboreo e esforzos innecesarios da agricultura coñecida.

Os seus principios básicos de manexo da horta son:
- Non sachar: de esta forma se mantén a estrutura e composición do solo coas súas características ótimas de humidade e micronutrientes
- Non usar abonos nin fertilizantes: mediante a interacción dos diferentes elementos botánicos, animais e minerais do solo, a fertilidade do terreo de cultivo se rexenera como en cualquer ecosistema non domesticado.
- Non eliminar malas herbas nin usar herbicidas: éstos destrúen os nutrientes e microorganismos do solo, e sólo se xustifican en monocultivos. Pero Fukuoka propón unha interación de plantas que enriquece e controla a biodiversidade dun solo.
- Non usar pesticidas: tamén matan a riqueza natural do solo. A presencia de insectos pode equilibrarse nun cultivo.
- Non podar: deixar ás plantas seguir o seu curso natural.
- Bolas de arxila (Nendo Dango).

BOLAS DE ARXILA (Nendo dango)

Para mellorar a produción da Natureza coa menor intervención posible ideou un sistema que permite substituir o arado así como os espanta-paxaros e outros métodos:
Mezclando sementes dentro de boliñas de barro de 1,5 cm que logo esparcirá polo campo. As bolas se desfarán coa primeira chuvia intensa, e as sementes comezarán a brotar, ata entonces protexidas dos animais e o tempo. Na mezcla de sementes veñen incluidas as sementes do cultivo que se desexa facer, xunto con outras plantas (principalmente trébol branco) que xerminarán máis cedo e crearán unha capa fina que protexerá o solo da luz, impedindo a xerminación de herbas, pero non de cereais ou o que se desexa cultivar.
En vez de arar ou desherbar o campo, recúbreo con restos das plantas cultivadas na colleita anterior, de forma que se crea un compostaxe natural, que conserva a humidade e os nutrientes e impide a proliferación de herbas no desexadas.
Otros detalles:
- Nas bolas de arxila pode incluirse unha parte de abono natural (esterco ou outros)
- Unha porción de pementa de caiena axuda a disuadir aos animais que se podan comer as sementes
- Nas bolas poden incluirse diversas combinacións, según sexa o cultivo de cereais, hortalizas, frutais, zona boscosa, etc. de modo que poden ter moitos máis usos que o de produción de alimentos agrícolas: reforestación, reverdecemento, rexeneración de solos.

O seu método, que el chama ás veces Agricultura Natural Mahāyāna, se basa en comezar dando e logo recibir de forma natural , en lugar de exixir á Terra ata agotala. As labores na terra consúmenlle tan pouco tempo (se cadra 2 meses de suma en todo o ano, incluido o tempo de colleita) que pode vivir perfectamente dos ingresos que lle ofrece a súa producción e sóbralle moito tempo para facer o que máis lle gusta, que é escribir poesía e sentarse no porche da súa casa e observar as árbores e platicar coa xente sobre natureza e outros temas.

Espero que sexa do agrado de todos e ata a próxima publicacion !
emilioroman
Socio/a
Socio/a
 
Mensaxes: 24
Rexistrado: 07 Mar 2014, 13:18

Volver a Alimentación

Quen está en liña

Usuarios navegando neste foro: Ningún usuario rexistrado e 1 convidados

cron