Eu probei o ano pasado a poñer as patacas na palla nun parche de 2 x 2 metros e funcionou moi ben, era patacas máis pequenas que as que tiñamos en terra pero para o traballo que deron estaba moi contento. Este ano xa as puxen en todo o bancal, e por experimentar e proveitar ó mesmo tempo para quitar as herbas parasitarias puxenlles debaixo unha boa capa de cartón á metade do bancal e de periódicos a outra metade (podedes ver a idea aquí p.e.
https://www.youtube.com/watch?v=JbRyCsZhQeQ) ... e fíxenna boa. Na metade con periódico están bastante bonitas, pero na outra metado non sairon moi ben e penso que é pq a raíz non penetrou con facilidade o cartón. A medida que o talo medra vou cubrindo con máis palla (un mes antes de poñelas enterrei no bancal abono de galiña ben maduro). A ver que sae de ahí. Tirei unha fotos para subilas pero pídeme a URL da foto. Suponse que as teño que aloxar antes nalgunha web ou algo así???
Eu copiei o método de aquí
https://www.youtube.com/watch?v=q1OShZZUt0k e de aquí
https://www.youtube.com/watch?v=vHwdkoYKL8s e no seu dia lembro que buscaba por "no dig potatoes". Non sabía nada do sistema da Fonsagrada, se non tería preguntado

.
Outra cousa que me plantexei é que moi preto dos meus bancais miña nai puxo as patacas en terra como se leva feito dende que eu lembro no Morrazo que é onde eu estou. Ten o patacal precioso (a ver se dou subido as fotos e podo amosarvos as diferenzas). O caso é que lles está atacando o escarabello e ten que andar seguido enriba deles co producto de turno, mentres que nas miñas aínda non atopei nin o primeiro (a separación entre unhas e outras son uns 20 metros). Nos na casa non somos moi pataqueiros, entón o que me plantexo é plantalas o próximo ano por remendos de 3 ou 4 metros de maneira escalonada (cada mes un parche delas) e facer a colleita máis escalonada para ter sempre patacas novas. Penso que así as protexerei das pragas que atacan nos grandes patacais que hai arredor pero no nos meus tan pequenos.
Tiñamos intención de cando miña nai recolla as patacas pesar o rendemento que saca dunha superficie de 6 x 1,20 (esa é a área dos meus bancais) e comparalo coa cantidade que saque eu co método de plantar en palla. O problema é que coa cagada deste ano co cartón non nos vai ser unha boa referencia, haberá que deixar o experimento para o ano que ven. Das comclusións que saquemos vo-las comentarei por se a alguén lle poden valer.
Alégrame moito ver que somos moitas as que estamos buscando/experimentando/partillando estas novas vías. Apertas.