por Outrocan_Sendono » 01 Abr 2014, 17:17
O meu sistema foi semellante. Pero eu fun deixando os tomates nun sitio ata que me esquecin deles. Logo o meu pai atopouse cunha caixa chea de tomates podres e avalorados e botóunos ó compost. Así que tiven que sacar unha masa tomatil en avanzado estado de putrefacción da composteira e metelo nun balde de auga pra ir diluindo a masa e sacando as sementes. Logo laveinas ata que poiden nun colador e sequeinas. As sementes quedaron con restos de fibra pegados a elas. Sementeinos este ano cun éxito xerminativo do 80%. O problema é que quedaron moitas sementes pegadas, e teño algún pe de onde saen 3 plántulas