por Casdeiro » 14 Abr 2014, 08:28
Pensei que se cadra aínda que só sexa para dispoñer dela para cubrir a terra despois de facer o bancal, pode convir cortar a herba previamente e deixala amoreada a un lado, a ser posible cando non teña as sementes compridas.
Así, separas esa cobertura vexetal antes de enterrar/voltear os terróns, e podes usala como cobertura ao final do proceso de formación dos bancais e non deixar así a terra espida secándose e perdendo nutrientes.
Preparándome para o peor escenario, mentres laboro para construír o mellor dos posibles.