A "Labranza Cero" consiste en non cavar a terra e non volteala, é dicir, non traballala e tentar que por ela misma consiga o equilibrio que nos permita cultivar as nosas hortalizas.
A idea é crear as condicións na terra para que esté mullida e abonada por sí soa manténdoa oscura e húmida, é dicir, cuberta.
Esta cobertura pódese facer de varias formas: con mulching ou acolchado vexetal (palla, follas, virutas, herba seca, etc) ou con calquera outro material que cubra a terra e a manteña húmida e oscura como poden ser cartóns ou incluso plástico. Éstes últimos quedan descartados polo custe enerxético que conlevan, sobre todo o plástico. Mantendo esta cobertura vexetal fomentanse as condicións favorables para que proliferen fungos, microbios, insectos do solo e vermes que farán as labores de labranza por nós, aparte de ir abonando ao mesmo tempo, deixando a terra blanda e esponxosa.
Isto é relativente doado e barato levalo a cabo en pequenas extensións de terreo, pero cando a superficie cultivable é moi extensa cómpre recurrir a outro tipo de acolchado máis sostible (sobre todo economicamente): o abono verde. Son unha serie de plantas que, aparte de manter a humidade e oscuridade da terra, aportan unha serie de nutrientes favorables para as vindeiras plantacións. Por exemplo a familia das leguminosas, que crecen rápido, cubrindo rapidamente a terra e son capaces de capturar o Nitróxeno do aire e transformalo na terra de forma asimilable para outras plantas. Se hai algunha zona na que nin sequera crecen esas plantas, primeiramente haberá que crear as condicións para que poidan asentarse, como aportar compost, esterco ou materia orgánica en cantidade e fomentando a aparición de esta fauna beneficiosa para a nosa horta.
Se poden usar plantas que teñan raices profundas e que sexan pouco esixentes en canto a coidados:
- Fabas (Leguminosas): Con raíces moi penetrantes e bastante resistente a plagas e sequias, ademáis de aportar nitróxeno.
- Centeo (Compostas): Non é tan resistente, pero conta cunhas raíces finas e moi longas.
- Quinoa (Chenopoidáceas): Moi resistente, fixa nitróxeno(sin ser leguminosa), compatible con hortalizas, protexendoas, e ten unhas raíces moi longas.
- Lino (Lináceas): Bó como cobertura, abranda o solo e é compatible coa horta.
- Grelos ou mostaza (Crucíferas): Teñen raíces bastante profundas e tería que plantarse en abundancia e segalas antes de que boten a flor, deixándoas como abono de cobertura.
Todas estas plantas, en canto morren se pudren , incluindo as raíces, polo que deixan a terra oca, aireada e abonada.
Tamén existen outras plantas que nos poden axudar a manter a terra cuberta e ademáis producirnos uns rendementos. Trátase, por exemplo, dos cabazos, que cubren un trozo considerable de terra mentres que as raíces penetran polo chan e ao final do seu ciclo podemos colleitar uns deliciosos cabazos. O ideal e complementar este cultivo con outros, como as xudías e o millo (asociacion precolombina) aproveitando ao máximo o potencial da terra ao mesmo tempo que se mellora a súa estrutura.
Continuará....