Sopoño que o colector no video é de chan pq o video e a gran maioría de programas que se desenrolan (Faos, Unicef, Mercosur) para o uso da enerxía solar para a conservación dos alimentos faise nos países que quedan entre os trópicos e o ecuador, onde o sol é tan vertical que apenas fai falta a inclinación do panel. Para as nosas latitudes hai que facer unha pequena modificación que é unha inclinación do panel lixeiramente inferior ós 45º respecto á horizontal (43º en inverno e aprox 35º no verán polo que unha boa inclinación media serían os 40º).
De todas maneiras (xa subirei as fotos) eu o colector o estou facendo con latas de Estrella Galicia (por darlle unha aplicación á reciclaxe das que levo consumido este ano) pq así a ese colector lle podo dar outras aplicacións desconectándoo do secadeiro. Aqui podedes ver un exemplo do que estou intentando facer, soio que eu estou reciclando, como marco, un cartaz de aluminio que tiña
https://www.youtube.com/watch?v=QLNViUsRCVU O meu colector é máis curto, de 1,50 x 0,65 , con vistas a aproveitar esa inclinación da que falabamos.
Acho que finalmente vou aproveitar o boceto de Emilio (agardo que non che importe) e case seguro que o farei coas mesma medidas modificando a inclinación (e o ancho que sería de 65 a 70 cms), polo que seguramente as bandexas de abaixo non as poida aproveitar pq o colector remata máis alto onde entra no secadeiro do que aparece no video orixinal. Tm tiña pensado pechar as paredes non con plástico senón con chapa de madeira, pero aínda non o teño claro e igual este ano o poño con plástico pq así os erros son máis sinxelos e baratos de correxir.