A captación horizontal funciona con centas modificacións (se vedes nunca é completamente horizontal, sempre tende a subir un pouquiño do lado da caiza para favprecer o fluxo). De todas maneiras polo simple feito de que o aire da columna dentro do secadeiro esté máis quente ca o do exterior (o cal soe ser habitual pola incidencia directa dos raios na caixa) xa diminúe a densidade do aire e comeza a establecer un fluxo contínuo. Agora que é certo que para a nosa zona a optimización da incidencia dos raios terá que ser cunha certa angulación (os famosos 40ª-43º).
Exemplo de secadeiro co colector horizontal (a trampa está en que o aire sube hacia o vértice máis alto do colecto de onde se redirixe hacia o caixón de secado.

Este non é completamente horizontal pero tampouco ten a inclinación que nos precisamos
(Por certo que para facer este teño as intrucción eu nun pdf. O deseñaron nunha escola de inxeñeiría en Arxentina cando foi da crise do 2001 para fomentar a conservación de alimentos. Pódese descargar de balde na rede en CC.
Despóis xa o que a imaxinación de cada unha lle diga...
