Páxina 1 de 1

Véndese finca para permacultura

MensaxePublicada: 19 Mar 2015, 11:50
por david
Hai uns anos merquei unha finca coa idea de permacultivala e non o puiden facer por temas de saúde. Agora véndoa para intentar recuperar, polo menos, unha parte do gastado. A mellor maneira de coñecer a nosa querida veiga é visitar as ligazóns que poñerei máis abaixo, tanto de anuncios en Fotocasa, etc, como a ligazón do noso blog, no que puxemos moitas fotografías, un vídeo e detalles sobre a ubicación para que poidades chegar ata ela (tódolas/os permacultoras/es teñen permiso expreso para visitar EntreSalgueiros, que así é como se chama a nosa veiga, simplemente cunha chamada previa ao noso teléfono (606419062); simplemente unha chamada; non vaiades sen avisar que os veciños me coidan da finca e non se trata de que ninguén leve unha bronca sen motivo.

Unha cousa que creo que fixen ben, foi conseguir que ma vendesen escriturada polo importe mínimo que lle daba facenda, é dicir, 2,000 euros, de maneira que os impostos a pagar pola compra, sempre serían poucos (entre 170 e 200 euros hoxendía, creo).

Por qué digo eu que a finca é boa para permacultivo? Pola inclinación do terreo (entra auga polo norte -regato- e a finca ten unha suave inclinación en dirección sur, de maneira que por gravedade sempre puiden levar a auga onde quixen, ademais do pozo do que dispón a finca), pola cantidade de auga durante todo o ano, incluído o verán (hai presa comunal fantástica para regas nos meses de xullo e agosto) e pola perfecta orientación da veiga, de xeito que lle dá o sol todo o día. Para poñer placas solares é un lugar perfecto, e o regato que pasa pola beira ten unha caída de auga de un metro aproximadamente, que sería perfecto para aproveitamento hidráulico. Queda en A Xesteira, a 4 qm de Ponte Bora e a 9 qm de Pontevedra. Teño unha excelente relación cos veciños, máis grazas a eles que grazas a min (axudáronme a mover pedras co tractor, pasáronme esterco de cabalo, feixes de palla, figos, mazás, kiwis, paus, escaleira... avísanme de calquera cousa...). Bueno, non vos conto máis que xa me poño pesado. Son case 2000 m2 que podedes coñecer en profundidade visitando o noso blog:

http://entresalgueiros.blogspot.com.es/
(se non funciona a ligazón. tecleando en Google "entresalgueiros.blogspot.com", xa vos debería de saír)

anuncio en fotocasa:
http://www.fotocasa.es/terreno/cotobade ... -134783469

Saúde e moita sorte.