Mundo Motor -automobilismo-rallys- Galiza
Publicada:
28 Abr 2015, 12:49
por Armesto
Gustaríame saber se algunha persoa ten de man bibliografía sobre as competicións de automobilismo que atendan a cuestións como o consumo enerxético, a degradación paisaxística, o fomento dun ocio/lecer agresivo, etc.
Ademáis diso, informarme sobre cal é o posicionamento e que cousas se están a tratar a nivel práctico na iniciativa Concellos Pospetroleo en relación a este asunto -tendo en conta que na Galiza o mundo do motor e os rallys non pasan desapercibidos tanto como ¨deporte¨ polo número de afeccionados, como tipo de turismo promovido polos concellos. Hai algunha proposta? Plantexouse o debate?
Re: Mundo Motor -automobilismo-rallys- Galiza
Publicada:
29 Abr 2015, 06:42
por Casdeiro
Eu lembro un documental sobre o Decrecemento no que se falaba de activistas franceses que ían ás competicións de automobilismo protestar, pero claro, non eran rallys, senón en circuito, coido eu. E Franza non é Galiza, aínda por riba.
Pero a nivel de estudos non me soa nada.
Re: Mundo Motor -automobilismo-rallys- Galiza
Publicada:
01 Mai 2015, 17:47
por Armesto
Si, ese documentario coñecíao. É sobre simplicidade voluntaria e decrecemento.
https://www.youtube.com/watch?v=gtQmmaw8sG0 Resúltame desconcertante que non se fale ou trate do asunto. Coido que debería entrar á cuestión nas propostas para os concellos. Este tipo de ocio impide, baixo o meu punto de vista, calar na sensibilización social dunha Galiza Postpetróleo. Descoñezo as cifras pero o número de competicións de motor na Galiza é inmenso e tanto participantes como siareiros son abundantes, alén dos pasivos que nin cuestionan este tipo de ocio, alén das cifras económicas que move.
Re: Mundo Motor -automobilismo-rallys- Galiza
Publicada:
23 Mai 2015, 06:51
por VesperaDeNada
Tes razón que non se incluiu un rexeitamento expreso nas medidas municipais. Habería que ver en qué concellos se celebran probas deste tipo dos que están incluídos en
http://municipios.pospetroleo.com e engadilo, se cadra como unha ampliación das medidas deste tipo:
http://municipios.pospetroleo.com/doku. ... enerxetico
Re: Mundo Motor -automobilismo-rallys- Galiza
Publicada:
25 Mai 2015, 02:10
por Armesto
Si, penso que sería interesante comezar por aí, para que non aparezan cando menos xoias deste tipo:
https://twitter.com/impostorarmesto/sta ... 8310204417
Re: Mundo Motor -automobilismo-rallys- Galiza
Publicada:
22 Xuñ 2015, 03:06
por Armesto
Neste artigo atopei de forma vaga unha mención sobre o mundo do motor e o decrecemento. É do 2012 : ¨Oponernos a los transportes privados de lujo, jets privados, cruceros, petroleros y a los deportes de élite y su despilfarro energético y contaminante. (Automovilismo-Fórmula 1, Paris-Dakar, moto GP etc.)¨
http://www.decrecimiento.info/2012/02/t ... o.html?m=1
Automovilsmo, deporte rei Galiza
Publicada:
08 Set 2015, 16:10
por Armesto
Desafortunadísimo o acontecido en Carral. No fin desta noticia nomean as carreiras de coches como o deporte rei na Galiza.
http://deportes.elpais.com/deportes/201 ... &link=link